CRISTINA BALBOA


                                                      



















Cristina Balboa é unha artista escénica e videorealizadora afincada en Compostela
O seu traballo  móvese nun absurdo elaborado pero tamén cotián, con base tanto física como conceptual, presentado dunha forma alegre e fresca -pero non gratuita- que é utilizado como fío creador dun mundo con leis propias, no que a palabra toma unha parte importante no eixo do seu discurso-escénico.
Despois de traballar na Cía  D2 e La Tía Mardalina, actualmente codirixe con Paulina Funes  a Cía. Funboa Escénica. Entre os seus traballos destacan Oiseau Rebelle (Funboa Escénica), Queremos Bailar e Las verdades duelen (D2) e a serie web Sigue Buscando.
Realiza unha formación continua en estudios teatrais como o Postgrao de Arte Dramático da USC e participa en workshops de artistas como Idoia Zabaleta,  Chefa  Alonso,Amalia Rodríguez, Vera Mantero, Ana Buitrago,  Amparo Novas, Bárbara Bañuelos, Quico Cadaval, Baltasar  Patiño, Olga Melnik ou Cándido Pazó.


    Páxina web de Cristina Balboa